Blogia

As Tecnoloxías da Información e Comunicación no IES García Barbón

REPRODUCTOR DE VIDEO: VLC media player

Aplicación para Reproducir Video:

VLC media player

 

                           

 


 

VLC media player é un reproductor multimedia, que che permitirá reproducir todo tipo de video e ficheiro de música; é software libre distribuído de forma libre. Soporta muitos códecs de audio e video, así como diferentes tipos de archivos, ademais soporta os formatos de DVD, VCD e varios protocolos streaming .

 

En Windows, Linux, VLC inclue un plug-in Mozilla, que permite ver algunos archivos Quicktime y Windows Media nas webs sin tener que utilizar un reproductor de Microsoft ou Apple.

Existe unha versión portátil de VLC media player que puede ser transportada e empregada directamente desde unha memoria USB sen necesidad de instalarse no computador.

Evitarache os habituais problemas con códecs do windows media, e consumirache menos recursos ó teu ordenador.


Formatos de audio y video incrustadoASF, AVI, FLV, MP4, Ogg, Wav, MPEG-2 (ES, PS, TS, PVA, MP3), MPJPEG, FLAC, MOV

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

PREMIO DE BLOGS ESCOLARES BARBÓN BLOG


Photo and video editing at www.OneTrueMedia.com

APLICACION PARA MECANOGRAFÍA

MecaNet 6.6.3.1 - Windows - Castelán - Libre

Ocupa: 286 KB

Descarga da aplicación

Páxina oficial

É un completo curso de mecanografía.
O programa non necesita instalación: hay que executar directamente o programa MecaNet.exe.

Bases do II Concurso de Podcast -- Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Bases do II Concurso de Podcast

 

 

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración  da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Segundo Concurso de Podcasts co obxecto de fomentar a lingua oral e a creatividade mediante o uso das TIC, todo explorando o podcast como novo recurso artístico e pedagóxico. Pretendemos así mesmo que calquera persoa incorpore de maneira sinxela en Internet poemas, contos, lendas ou comentarios realizados coa súa propia voz, recuperando a tradición oral como modo de transmitir cultura.
2. CATEGORÍAS
Para a edición deste ano 2008 establecemos dúas categorías.
1.- CREARTE: Imaxina o que queres contar e dálle forma. Poderás traballar contidos musicais, literarios, o cinema, o medio ambiente, o teatro, o que queiras. Tamén se admiten versións de contos tradicionais ou lendas.
2.- DOCUMENTARTE: Poderás contar viaxes, tradicións, oficios, algo do que foses testemuña, etc. Calquera cousa que se che ocorra en formato documental radiado ou televisado.
3.-  PARTICIPANTES
 Establécense dúas modalidades de participación.
1.- Para escolares: Poderán participar no concurso todos os estudantes matriculados en calquera centro de ensino non universitario de Galicia e que teñan menos de 18 anos o día 15 de outubro de 2008
2.- Para adultos: Poderá participar calquera persoa que teña máis de 18 anos o día 15 de outubro de 2008 e resida en Galicia.
A participación realizarase mediante a gravación  de voz en arquivos de audio e enviarase a través da sección “sube o teu podcast” da web http://www.as-pg.com/Podcast. O arquivo debe gardarse coa extensión mp3 ou mp4 e subirase a través do formulario “sube o teu podcast”. É preciso encher  todos os campos do formulario e explicar brevemente o contido. Os arquivos de vídeo deberán gardarse coa extensión  mp4 ou mov e subiranse polo mesmo procedemento.
A lingua que se empregará para facer o podcast será o galego.  A duración do podcast non poderá ser superior aos 5 minutos. Non serán considerados os podcast que superen esta duración.
Os podcasts serán obrigatoriamente orixinais, inéditos e, en ningún caso, estarán comprometidos con dereitos de autor. Cada concursante pode enviar un máximo de 5 traballos para cada categoría.
 4. PRAZO
Os podcasts poderanse facer chegar  até as 24 h do 15 de setembro de 2008. Os gañadores daranse a coñecer o 15 de outubro de  2008.  Poderanse presentar os podcasts desde o momento da publicación da convocatoria e os presentados iranse subindo ao portal http://www.as-pg.com/Podcast/ a medida que vaian chegando e unha vez comprobado que se adecúan ás bases. Deste xeito poderán ser coñecidos por todos os participantes e visitados e votados. Establecerase un premio do público en cada categoría.
5.- XURADO
O xurado estará composto:
Un profesional da radio de recoñecida traxectoria.
Dous profesionais da docencia expertos nas TIC.
Un técnico en imaxe e son.
Un representante da AS-PG que actuará como secretario.
As decisións do xurado son inapelables, incluso se decide deixar deserta algunha categoría. A Comunicación aos gañadores farase por correo electrónico e por teléfono. Así mesmo serán publicados os nomes  na web da AS-PG.
6.- PREMIOS
  Haberá tres premios para cada categoría:
1º  Premio :Un reprodutor iPod de 80 GB
2º Premio: Un reproductor iPod de 30 GB
3º  Premio: Un ipod shufle.

Establécese un premio do público, idéntico ao 1º premio,  para cada categoría para o podcast que obteña a cifra máis alta sumando votos e visitas.
Os premios non serán substituíbles por diñeiro.
A participación neste concurso supón a aceptación das bases e, no caso de dúbidas na interpretación das mesmas prevalecerá o criterio da organización.

APLICACIÓN DE DEBUXO LINEAL ONLINE

 

Si ata o de agora para traballar co debuxo lineal precisábamos instalar unha aplicación tipo MicroStation ou Autocad no noso ordenador, agora temos outra alternativa.

 


Autodesk ofrece no portal de internet a posibilidade de traballar directamente na web co debuxo lineal, podendo así practicar ou facer un traballo de debuxo que logo poderemos exportar ó noso ordenador.


1º CONGRESO INTERNET NA AULA

Hoxe ponse en marcha o 1º Congreso Nacional Internet na aula, na súa modalidade virtual.

desde o 1º de abril ata o 30 de outubro de 2008, todos aqueles interesados en participar teñen o seu espazo en: http://www.congresointernetenelaula.es


Na web poderás atopar toda a información xeral sobre os obxectivos que se pretenden alcanzar neste congreso, as súas liñas temáticas, os requisitos necesarios para a obtención de créditos formativos.

A través da modalidade virtual (do 1 de abril al 30 de outubro) poderás ser parte de espacios de reflexión e debate, coñecer novas experiencias de compañeros/as, aportar a tuá propia experiencia e participar nos talleres formativos.

Tamén haberá un Congreso presencial durante os días 26, 27 y 28 de xuño. Ponencias, experiencias e actividades terán lugar de forma simultánea en cuatro sedes diferentes: Madrid, Barcelona, Granada y Santander. O número de prazas é limitado.

PRESENTACIÓN DO FILME: PRADOLONGO - QUEN PUIDAERA NAMORALA

Filme galego: PRADOLONGO - QUEN PUIDERA NAMORALA


PRADOLONGO NOS CINES DE GALICIA

O dia 26 de marzo de 2008, ás 16.30 horas tivo lugar no Salón de Actos do IES García Barbón -fotos- a presentación do trailer -fotos- da película "PRADOLONGO"


-NOTA IMPORTANTE-
O dia 30 de Marzo ás 16 horas -domingo- temos a posibilidade de viaxar gratis a Ourense para ver a película (os autocares sairán da Avenida de Portugal -diante do IES Xesús Taboada Chivite)
(Información no teléfono: 618512434 -Mónica-)

Pradolongo - Quen puidera namorala from pradolongo on Vimeo.


 

 

 

PAXINA WEB www.iesgarciabarbon.es

PAXINA WEB  www.iesgarciabarbon.es

Un grupo de profesorado do centro está creando a páxina web do centro, dalle un vistazo. Esta sendo creada con un administrador de contidos DRUPAL

Páxina web do Centro IES García Barbón de Verín.

Manual para creación de páxinas web Drupal

PREMIO DE BLOGS ESCOLARES BARBÓN BLOG

20080111204712-iesbn.jpg


http://premioblogs.blogia.com

 


premioblogs@gmail.com

Premio

de

Blogs Escolares

 

BARBÓN BLOG

 

2008

Escuchar noticia

PÁXINA WEB DO IES GARCÍA BARBÓN

PÁXINA WEB DO IES GARCÍA BARBÓN

Un grupo de profesores está traballando na páxina web www.iesgarciabarbon.es

 

Esta páxina está creada con Drupal.

 

Drupal é un sistema de administración de contidos (CMS) de sitios web.

Estes contidos poden ser artigos, fotos ou outros ficheiros.

Os contidos xestiónanse a través dunha interface intuitiva e sinxela. Permite que moitos usuarios poidan realizar xestión de esta web.

Drupal na actualidade é un dos sistemas CMS máis estables e con maiores funcionalidades dos actualmente existentes. E ademais, o que é moi importante, desenrolado pola comunidade de Software Libre.

Moitas páxinas de Centros educativos galegos , xa están creadas con Drupal.

ENCERADO DIXITAL

ENCERADO DIXITAL

 O encerado dixital é unha novedade tecnolóxica que cada día é máis empregada na formación. 

É importante diferenciar as dúas posibles montaxes en aula:

 

ENCERADO DIXITAL: Sistema tecnolóxico, xeralmente integrado por un ordenador e un videoproxector, que permite proxectar contidos dixitais nun formato idóneo para visualización en grupo. Pódese interactuar sobre as imaxes proxectadas empregando os periféricos do ordenador: rato, teclado...

ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO: Sistema tecnolóxico, xeralmente integrado por un ordenador, un videoproxector e un dispositivo de control de punteiro, que permite proxectar nunha superficie interactiva contidos dixitais nun formato idóneo para visualización en grupo. Pódese interactuar directamente sobre a superficie de proxección.

 

 Neste Link ENCERADO DIXITAL , podes atopar atopar páxinas que traten recursos para empregar no encerado dixital.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

PRÁCTICAS PARA A FORMACIÓN DO PROFESORADO NALGUNHAS APLICACIÓNS DA WEB 2.0

PANTALLA COMPLETA

 

UN PREMIO PARA O TEU BLOG

UN  PREMIO  PARA  O TEU  BLOG

1.- Bases de participación no Premio de Blog Escolares.

 

- Poden participar todos os alumnos/as matriculados no IES García Barbón.

- O blog debe ter, entre outras aportacións, contidos didácticos relacionados cos estudos que realizas.

- Só se consideran os blogs redactados en lingua galega -normativa oficial-.

- Un dos temas do blog ten que facer referencia ao teu futuro académico e profesional.

- Os blogs poden ser individuais ou grupais.

 

2.- Criterios para a valoración dos blogs escolares.

 

- Contidos e estructura xeral do blogs.

- Frecuencia das anotación e comentarios.

- Ligazóns recomendadas.

- Deseño e orixinalidade.

 

 

3.- Procedemento de participación.

Entre o día 15 de xaneiro e o 15 de maio de 2008 os alumnos/as poden presentar o seu blog ao Premio de Blogs Escolares.

 

Para presentar un blog ao Premio hai que mandar un correo electrónico a: premioblogs@gmail.com

no que se detallen as informacións que se anotan:

 

Nome e apelidos do autor/a

Curso/Nivel

Nome do blog

URL do blog

Comentario breve sobre o blog que se presenta



4.- Publicación de propostas de blogs e premios.

 

Unha vez recibida a proposta de participación no correo electrónico, faremos pública a candidatura no blog:

 

http://premioblogs.blogia.com

 

O día 23 de maio de 2008 publicaremos no Blog os nomes

das persoas e os blogs premiados.

 

A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do

IES García Barbón o día 30 de maio de 2008

 

Cada participante recibirá un agasallo.

 

PREMIOS

PRIMEIRO PREMIO

UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL

SEGUNDO PREMIO

UN MP4

TERCEIRO PREMIO

UN PEN DRIVE DE 4GB

 

 

UN PREMIO PARA O TEU BLOG

 

http://premioblogs.blogia.com

 

premioblogs@gmail.com

Escuchar noticia

EDUBLOGS 2008: PREMIOS PARA OS BLOGS DO PROFESORADO

EDUBLOGS  2008:  PREMIOS  PARA OS  BLOGS DO PROFESORADO

PREMIOS PARA BLOGS DE PROFESORES E PROFESORAS
ENVÍA O TEU BLOG PARA PARTICIPAR NO II PREMIO EDUBLOGS 2008

BLOGS PRESENTADOS
II PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS 2008

O FASCINANTE MUNDO DA RADIOAFICIÓN DO SÉCULO XXI

O FASCINANTE MUNDO DA RADIOAFICIÓN DO SÉCULO XXI

Agora mesmo -día 20 de decembro pola mañá- teñen lugar no Salón de Actos do IES García Barbón as seguintes actividades:

1. Charla sobre a radioafición: (Por membros da Unión de Radioaficionados de Ourense).

2 2.- Demostración de actividades de radio. (todas elas levadas a cabo por radioaficionados que instalarán emisoras, antenas e ordenadores no Salón de Actos do Centro e coa axuda de proxector).

o Comunicacións por Voz: Entre emisoras, a través de internet, Emisora-Internet, Internet-Emisora, concursos, …

o Seguimento de Satelites: Coa axuda Antena, Emisora e un ordenador, localización de satélites de servizo para radioaficionados. Así como a observación de mapas dos satélites de servizo meteorolóxico (Meteosat, NOAA, I.S.S. Estación Espacial Internacional, …)

o APRS: demostración con unha emisora e un ordenador do sistema empregado polos radioaficionados, polo que pode intercambiar (recibir e emitir) información con outras estaciones conectadas o sistema, de modo que un radioaficionado que se atopa viaxando da información en cada momento de onde se atopa e que a velocidade circula. (todo isto podéndose observar dende internet).

3. Contacto cos equipos e experimentación:

o Nesta parte final os alumnos terán a oportunidade de eles mesmos experimentar a radioafición cos equipos instalados.

URO: Unión de Radioaficionados de Ourense

http://www.ea1uro.com

URE: Unión de Radioaficionados Españoles

http://www.ure.es/gpa/


ACTIVIDADE NO BARBÓN: O FASCINANTE MUNDO DA RADIOAFICIÓN DO SÉCULO XXI

ACTIVIDADE NO BARBÓN: O FASCINANTE MUNDO DA RADIOAFICIÓN DO SÉCULO XXI

O xoves 20 de decembro celébranse unha serie de actividades relacionas coa RADIOAFICIÓN.

Un grupo de radioaficionados da nosa provincia mostrarannos esta afición, através de un bo número de actividades. Levaranse a cabo no Salon de actos do centro.

A actividade responde o nome de:

O FASCINANTE MUNDO DA RADIOAFICIÓN DO SÉCULO XXI

DISTINTAS FORMAS DE COMUNICARSE

VER EN PANTALLA COMPLETA

EQUIPOS DE RADIOAFICIONADO

 

VER EN PANTALLA COMPLETA

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

COMEZOS DA RADIOAFICION

 

VER EN PANTALLA COMPLETA

HISTORIA DA RADIOAFICION

 VER EN PANTALLA COMPLETA 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres