Blogia
As Tecnoloxías da Información e Comunicación no IES García Barbón

BLOGS PROFESORES

Bases do II Concurso de Podcast -- Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Bases do II Concurso de Podcast

 

 

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración  da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Segundo Concurso de Podcasts co obxecto de fomentar a lingua oral e a creatividade mediante o uso das TIC, todo explorando o podcast como novo recurso artístico e pedagóxico. Pretendemos así mesmo que calquera persoa incorpore de maneira sinxela en Internet poemas, contos, lendas ou comentarios realizados coa súa propia voz, recuperando a tradición oral como modo de transmitir cultura.
2. CATEGORÍAS
Para a edición deste ano 2008 establecemos dúas categorías.
1.- CREARTE: Imaxina o que queres contar e dálle forma. Poderás traballar contidos musicais, literarios, o cinema, o medio ambiente, o teatro, o que queiras. Tamén se admiten versións de contos tradicionais ou lendas.
2.- DOCUMENTARTE: Poderás contar viaxes, tradicións, oficios, algo do que foses testemuña, etc. Calquera cousa que se che ocorra en formato documental radiado ou televisado.
3.-  PARTICIPANTES
 Establécense dúas modalidades de participación.
1.- Para escolares: Poderán participar no concurso todos os estudantes matriculados en calquera centro de ensino non universitario de Galicia e que teñan menos de 18 anos o día 15 de outubro de 2008
2.- Para adultos: Poderá participar calquera persoa que teña máis de 18 anos o día 15 de outubro de 2008 e resida en Galicia.
A participación realizarase mediante a gravación  de voz en arquivos de audio e enviarase a través da sección “sube o teu podcast” da web http://www.as-pg.com/Podcast. O arquivo debe gardarse coa extensión mp3 ou mp4 e subirase a través do formulario “sube o teu podcast”. É preciso encher  todos os campos do formulario e explicar brevemente o contido. Os arquivos de vídeo deberán gardarse coa extensión  mp4 ou mov e subiranse polo mesmo procedemento.
A lingua que se empregará para facer o podcast será o galego.  A duración do podcast non poderá ser superior aos 5 minutos. Non serán considerados os podcast que superen esta duración.
Os podcasts serán obrigatoriamente orixinais, inéditos e, en ningún caso, estarán comprometidos con dereitos de autor. Cada concursante pode enviar un máximo de 5 traballos para cada categoría.
 4. PRAZO
Os podcasts poderanse facer chegar  até as 24 h do 15 de setembro de 2008. Os gañadores daranse a coñecer o 15 de outubro de  2008.  Poderanse presentar os podcasts desde o momento da publicación da convocatoria e os presentados iranse subindo ao portal http://www.as-pg.com/Podcast/ a medida que vaian chegando e unha vez comprobado que se adecúan ás bases. Deste xeito poderán ser coñecidos por todos os participantes e visitados e votados. Establecerase un premio do público en cada categoría.
5.- XURADO
O xurado estará composto:
Un profesional da radio de recoñecida traxectoria.
Dous profesionais da docencia expertos nas TIC.
Un técnico en imaxe e son.
Un representante da AS-PG que actuará como secretario.
As decisións do xurado son inapelables, incluso se decide deixar deserta algunha categoría. A Comunicación aos gañadores farase por correo electrónico e por teléfono. Así mesmo serán publicados os nomes  na web da AS-PG.
6.- PREMIOS
  Haberá tres premios para cada categoría:
1º  Premio :Un reprodutor iPod de 80 GB
2º Premio: Un reproductor iPod de 30 GB
3º  Premio: Un ipod shufle.

Establécese un premio do público, idéntico ao 1º premio,  para cada categoría para o podcast que obteña a cifra máis alta sumando votos e visitas.
Os premios non serán substituíbles por diñeiro.
A participación neste concurso supón a aceptación das bases e, no caso de dúbidas na interpretación das mesmas prevalecerá o criterio da organización.

1º CONGRESO INTERNET NA AULA

Hoxe ponse en marcha o 1º Congreso Nacional Internet na aula, na súa modalidade virtual.

desde o 1º de abril ata o 30 de outubro de 2008, todos aqueles interesados en participar teñen o seu espazo en: http://www.congresointernetenelaula.es


Na web poderás atopar toda a información xeral sobre os obxectivos que se pretenden alcanzar neste congreso, as súas liñas temáticas, os requisitos necesarios para a obtención de créditos formativos.

A través da modalidade virtual (do 1 de abril al 30 de outubro) poderás ser parte de espacios de reflexión e debate, coñecer novas experiencias de compañeros/as, aportar a tuá propia experiencia e participar nos talleres formativos.

Tamén haberá un Congreso presencial durante os días 26, 27 y 28 de xuño. Ponencias, experiencias e actividades terán lugar de forma simultánea en cuatro sedes diferentes: Madrid, Barcelona, Granada y Santander. O número de prazas é limitado.

EDUBLOGS 2008: PREMIOS PARA OS BLOGS DO PROFESORADO

EDUBLOGS  2008:  PREMIOS  PARA OS  BLOGS DO PROFESORADO
PREMIOS PARA BLOGS DE PROFESORES E PROFESORAS
ENVÍA O TEU BLOG PARA PARTICIPAR NO II PREMIO EDUBLOGS 2008

BLOGS PRESENTADOS
II PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS 2008