REPRODUCTOR DE VIDEO: VLC media player

Aplicación para Reproducir Video:

VLC media player

 

                           

 


 

VLC media player é un reproductor multimedia, que che permitirá reproducir todo tipo de video e ficheiro de música; é software libre distribuído de forma libre. Soporta muitos códecs de audio e video, así como diferentes tipos de archivos, ademais soporta os formatos de DVD, VCD e varios protocolos streaming .

 

En Windows, Linux, VLC inclue un plug-in Mozilla, que permite ver algunos archivos Quicktime y Windows Media nas webs sin tener que utilizar un reproductor de Microsoft ou Apple.

Existe unha versión portátil de VLC media player que puede ser transportada e empregada directamente desde unha memoria USB sen necesidad de instalarse no computador.

Evitarache os habituais problemas con códecs do windows media, e consumirache menos recursos ó teu ordenador.


Formatos de audio y video incrustadoASF, AVI, FLV, MP4, Ogg, Wav, MPEG-2 (ES, PS, TS, PVA, MP3), MPJPEG, FLAC, MOV
22/05/2008 10:04 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: APLICACIONS ON-LINE. No hay comentarios. Comentar.

APLICACION PARA MECANOGRAFÍA

MecaNet 6.6.3.1 - Windows - Castelán - Libre

Ocupa: 286 KB

Descarga da aplicación

Páxina oficial

É un completo curso de mecanografía.
O programa non necesita instalación: hay que executar directamente o programa MecaNet.exe.

13/05/2008 22:45 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: APLICACIONS ON-LINE. No hay comentarios. Comentar.

Bases do II Concurso de Podcast -- Asociación Socio-Pedagóxica Galega

Bases do II Concurso de Podcast

 

 

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coa colaboración  da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Segundo Concurso de Podcasts co obxecto de fomentar a lingua oral e a creatividade mediante o uso das TIC, todo explorando o podcast como novo recurso artístico e pedagóxico. Pretendemos así mesmo que calquera persoa incorpore de maneira sinxela en Internet poemas, contos, lendas ou comentarios realizados coa súa propia voz, recuperando a tradición oral como modo de transmitir cultura.
2. CATEGORÍAS
Para a edición deste ano 2008 establecemos dúas categorías.
1.- CREARTE: Imaxina o que queres contar e dálle forma. Poderás traballar contidos musicais, literarios, o cinema, o medio ambiente, o teatro, o que queiras. Tamén se admiten versións de contos tradicionais ou lendas.
2.- DOCUMENTARTE: Poderás contar viaxes, tradicións, oficios, algo do que foses testemuña, etc. Calquera cousa que se che ocorra en formato documental radiado ou televisado.
3.-  PARTICIPANTES
 Establécense dúas modalidades de participación.
1.- Para escolares: Poderán participar no concurso todos os estudantes matriculados en calquera centro de ensino non universitario de Galicia e que teñan menos de 18 anos o día 15 de outubro de 2008
2.- Para adultos: Poderá participar calquera persoa que teña máis de 18 anos o día 15 de outubro de 2008 e resida en Galicia.
A participación realizarase mediante a gravación  de voz en arquivos de audio e enviarase a través da sección “sube o teu podcast” da web http://www.as-pg.com/Podcast. O arquivo debe gardarse coa extensión mp3 ou mp4 e subirase a través do formulario “sube o teu podcast”. É preciso encher  todos os campos do formulario e explicar brevemente o contido. Os arquivos de vídeo deberán gardarse coa extensión  mp4 ou mov e subiranse polo mesmo procedemento.
A lingua que se empregará para facer o podcast será o galego.  A duración do podcast non poderá ser superior aos 5 minutos. Non serán considerados os podcast que superen esta duración.
Os podcasts serán obrigatoriamente orixinais, inéditos e, en ningún caso, estarán comprometidos con dereitos de autor. Cada concursante pode enviar un máximo de 5 traballos para cada categoría.
 4. PRAZO
Os podcasts poderanse facer chegar  até as 24 h do 15 de setembro de 2008. Os gañadores daranse a coñecer o 15 de outubro de  2008.  Poderanse presentar os podcasts desde o momento da publicación da convocatoria e os presentados iranse subindo ao portal http://www.as-pg.com/Podcast/ a medida que vaian chegando e unha vez comprobado que se adecúan ás bases. Deste xeito poderán ser coñecidos por todos os participantes e visitados e votados. Establecerase un premio do público en cada categoría.
5.- XURADO
O xurado estará composto:
Un profesional da radio de recoñecida traxectoria.
Dous profesionais da docencia expertos nas TIC.
Un técnico en imaxe e son.
Un representante da AS-PG que actuará como secretario.
As decisións do xurado son inapelables, incluso se decide deixar deserta algunha categoría. A Comunicación aos gañadores farase por correo electrónico e por teléfono. Así mesmo serán publicados os nomes  na web da AS-PG.
6.- PREMIOS
  Haberá tres premios para cada categoría:
1º  Premio :Un reprodutor iPod de 80 GB
2º Premio: Un reproductor iPod de 30 GB
3º  Premio: Un ipod shufle.

Establécese un premio do público, idéntico ao 1º premio,  para cada categoría para o podcast que obteña a cifra máis alta sumando votos e visitas.
Os premios non serán substituíbles por diñeiro.
A participación neste concurso supón a aceptación das bases e, no caso de dúbidas na interpretación das mesmas prevalecerá o criterio da organización.

06/05/2008 12:25 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: BLOGS PROFESORES. No hay comentarios. Comentar.

APLICACIÓN DE DEBUXO LINEAL ONLINE

 

Si ata o de agora para traballar co debuxo lineal precisábamos instalar unha aplicación tipo MicroStation ou Autocad no noso ordenador, agora temos outra alternativa.

 


Autodesk ofrece no portal de internet a posibilidade de traballar directamente na web co debuxo lineal, podendo así practicar ou facer un traballo de debuxo que logo poderemos exportar ó noso ordenador.


24/04/2008 10:08 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: APLICACIONS ON-LINE. No hay comentarios. Comentar.

1º CONGRESO INTERNET NA AULA

Hoxe ponse en marcha o 1º Congreso Nacional Internet na aula, na súa modalidade virtual.

desde o 1º de abril ata o 30 de outubro de 2008, todos aqueles interesados en participar teñen o seu espazo en: http://www.congresointernetenelaula.es


Na web poderás atopar toda a información xeral sobre os obxectivos que se pretenden alcanzar neste congreso, as súas liñas temáticas, os requisitos necesarios para a obtención de créditos formativos.

A través da modalidade virtual (do 1 de abril al 30 de outubro) poderás ser parte de espacios de reflexión e debate, coñecer novas experiencias de compañeros/as, aportar a tuá propia experiencia e participar nos talleres formativos.

Tamén haberá un Congreso presencial durante os días 26, 27 y 28 de xuño. Ponencias, experiencias e actividades terán lugar de forma simultánea en cuatro sedes diferentes: Madrid, Barcelona, Granada y Santander. O número de prazas é limitado.

02/04/2008 15:28 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: BLOGS PROFESORES. No hay comentarios. Comentar.

PRESENTACIÓN DO FILME: PRADOLONGO - QUEN PUIDAERA NAMORALA

Filme galego: PRADOLONGO - QUEN PUIDERA NAMORALA


O dia 26 de marzo de 2008, ás 16.30 horas tivo lugar no Salón de Actos do IES García Barbón -fotos- a presentación do trailer -fotos- da película "PRADOLONGO"


-NOTA IMPORTANTE-
O dia 30 de Marzo ás 16 horas -domingo- temos a posibilidade de viaxar gratis a Ourense para ver a película (os autocares sairán da Avenida de Portugal -diante do IES Xesús Taboada Chivite)
(Información no teléfono: 618512434 -Mónica-)


 

 

 

26/03/2008 21:40 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: CINE. No hay comentarios. Comentar.

PAXINA WEB www.iesgarciabarbon.es

20080315114025-logo-drupal-250x250.gif

Un grupo de profesorado do centro está creando a páxina web do centro, dalle un vistazo. Esta sendo creada con un administrador de contidos DRUPAL

Páxina web do Centro IES García Barbón de Verín.

Manual para creación de páxinas web Drupal

15/03/2008 11:20 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: WWW.IESGARCIABARBON.ES. No hay comentarios. Comentar.

PREMIO DE BLOGS ESCOLARES BARBÓN BLOG

20080111204712-iesbn.jpg


 


premioblogs@gmail.com

Premio

de

Blogs Escolares

 

BARBÓN BLOG

 

2008

Escuchar noticia
13/03/2008 10:31 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: BLOGS ALUMNOS. No hay comentarios. Comentar.

PÁXINA WEB DO IES GARCÍA BARBÓN

20080129110351-pwbarbon.jpg

Un grupo de profesores está traballando na páxina web www.iesgarciabarbon.es

 

Esta páxina está creada con Drupal.

 

Drupal é un sistema de administración de contidos (CMS) de sitios web.

Estes contidos poden ser artigos, fotos ou outros ficheiros.

Os contidos xestiónanse a través dunha interface intuitiva e sinxela. Permite que moitos usuarios poidan realizar xestión de esta web.

Drupal na actualidade é un dos sistemas CMS máis estables e con maiores funcionalidades dos actualmente existentes. E ademais, o que é moi importante, desenrolado pola comunidade de Software Libre.

Moitas páxinas de Centros educativos galegos , xa están creadas con Drupal.

Etiquetas:

29/01/2008 11:03 Autor: tics-barbon. Enlace permanente. Tema: WWW.IESGARCIABARBON.ES. No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]