Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.
EDUBLOGS 2008: PREMIOS PARA OS BLOGS DO PROFESORADO
UN PREMIO PARA O TEU BLOG

1.- Bases de participación no Premio de Blog Escolares.
- Poden participar todos os alumnos/as matriculados no IES García Barbón.
- O blog debe ter, entre outras aportacións, contidos didácticos relacionados cos estudos que realizas.
- Só se consideran os blogs redactados en lingua galega -normativa oficial-.
- Un dos temas do blog ten que facer referencia ao teu futuro académico e profesional.
- Os blogs poden ser individuais ou grupais.
2.- Criterios para a valoración dos blogs escolares.
- Contidos e estructura xeral do blogs.
- Frecuencia das anotación e comentarios.
- Ligazóns recomendadas.
- Deseño e orixinalidade.
3.- Procedemento de participación.
Entre o día 15 de xaneiro e o 15 de maio de 2008 os alumnos/as poden presentar o seu blog ao Premio de Blogs Escolares.
Para presentar un blog ao Premio hai que mandar un correo electrónico a: premioblogs@gmail.com
no que se detallen as informacións que se anotan:
| Nome e apelidos do autor/a | Curso/Nivel |
| Nome do blog | URL do blog |
| Comentario breve sobre o blog que se presenta | |
4.- Publicación de propostas de blogs e premios.
Unha vez recibida a proposta de participación no correo electrónico, faremos pública a candidatura no blog:
O día 23 de maio de 2008 publicaremos no Blog os nomes
das persoas e os blogs premiados.
A entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do
IES García Barbón o día 30 de maio de 2008
Cada participante recibirá un agasallo.
| PREMIOS |
PRIMEIRO PREMIO UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL |
| SEGUNDO PREMIO UN MP4 |
| TERCEIRO PREMIO UN PEN DRIVE DE 4GB |
UN PREMIO PARA O TEU BLOG
ENCERADO DIXITAL

O encerado dixital é unha novedade tecnolóxica que cada día é máis empregada na formación.
É importante diferenciar as dúas posibles montaxes en aula:
ENCERADO DIXITAL: Sistema tecnolóxico, xeralmente integrado por un ordenador e un videoproxector, que permite proxectar contidos dixitais nun formato idóneo para visualización en grupo. Pódese interactuar sobre as imaxes proxectadas empregando os periféricos do ordenador: rato, teclado...
ENCERADO DIXITAL INTERACTIVO: Sistema tecnolóxico, xeralmente integrado por un ordenador, un videoproxector e un dispositivo de control de punteiro, que permite proxectar nunha superficie interactiva contidos dixitais nun formato idóneo para visualización en grupo. Pódese interactuar directamente sobre a superficie de proxección.
Neste Link ENCERADO DIXITAL , podes atopar atopar páxinas que traten recursos para empregar no encerado dixital.
PÁXINA WEB DO IES GARCÍA BARBÓN

Un grupo de profesores está traballando na páxina web www.iesgarciabarbon.es
Esta páxina está creada con Drupal.
Drupal é un sistema de administración de contidos (CMS) de sitios web.
Estes contidos poden ser artigos, fotos ou outros ficheiros.
Os contidos xestiónanse a través dunha interface intuitiva e sinxela. Permite que moitos usuarios poidan realizar xestión de esta web.
Drupal na actualidade é un dos sistemas CMS máis estables e con maiores funcionalidades dos actualmente existentes. E ademais, o que é moi importante, desenrolado pola comunidade de Software Libre.
Moitas páxinas de Centros educativos galegos , xa están creadas con Drupal.




